As mellores tarifas para o teu fogar
Deseñamos as nosas tarifas para que no teu fogar ou negocio teñas o mellor servizo ao mellor prezo. Descubre a túa.
A luz, canto máis clara, mellor.
Sabemos canto vale o pan, un cartón de leite ou unha botella de auga. Por que non sabemos canto vale a luz? En CYE cremos que tes dereito a saber exactamente que estás pagando na túa factura eléctrica. Por iso as nosas tarifas son sinxelas e sen letra pequena. Porque a luz, canto máis clara, mellor.
Unha compañía eléctrica sen permanencia
Queremos que esteas connosco porque estás contento co noso produto e servizo, non porque esteas obrigado por contrato. Por iso serás libre de marcharte en calquera momento.
Unha compañía eléctrica accesible
Tarifas arrevesadas e contratos pouco claros poden ser a causa de que a túa factura eléctrica estea polas nubes. Se sabes o que contratas e canto pagas por iso, na túa factura non haberá sorpresas.
Unha compañía eléctrica barata
Non consintas pagar de máis na túa factura da luz. Non tes por que. Tes dereito a ter unha tarifa que se adapte ás túas necesidades e a pagar exactamente polo servizo que recibes. Nin un euro de máis.
Temos unha tarifa para ti
Elixe a tarifa que mellor se adapte ao teu fogar ou negocio.
E non pagues nin un euro de máis.
Para fogares e pequenos negocios con pouco consumo.

Con períodos horarios para poder optimizar o teu consumo.

Sen custos adicionais.
Especialmente deseñada para fogares que combinan subministración e autoconsumo.

Aproveita ao máximo a produción do autoconsumo.

Acumula os excedentes no teu moedeiro solar.
Despreocúpate dos horarios. Tranquilidade e sinxeleza, todo nunha mesma tarifa.
Paga o mesmo polo teu consumo todas as horas do ano.

Sen custos adicionais.