Tarifa 6.xTD

Deseñada para grandes consumos.

Unha tarifa deseñada para os grandes consumos da túa empresa ou industria.

Unha tarifa deseñada para os grandes consumos da túa empresa ou industria.

Modalidades fixa ou indexada

Paga o mesmo polo teu consumo en cada período ou ben paga o prezo do mercado para a enerxía que consumas.

Sen custos adicionais

Sabes exactamente o que vas pagar en cada unha das túas facturas, non hai sorpresas con servizos que non utilizas.

tarifas-3.0TD-ES-hogares

Preguntas frecuentes

E se aínda che quedan dúbidas, escríbenos sen compromiso.

A tarifa 6.xTD é para subministracións de Alta Tensión cunha tensión de alimentación entre 1 kV e 30 kV. Pódese contratar calquera potencia, sempre e cando teñamos dispoñibilidade por acometida e CIE (Certificado de Instalación Electrónica ou boletín).

A tarifa 6.xTD ten 6 períodos de tempo que se organizan en estacións (alta, media-alta, media e baixa) definidas para os 12 meses do ano (pode velo nos gráficos de programación). Polo tanto, segundo o mes ou meses que inclúa o período facturado, incluiranse eses períodos horarios para a facturación de enerxía e excesos de potencia (se os houbese).

A potencia a facturar será sempre dos 6 períodos, tal e como está establecido na Circular 3/2020 publicada pola CNMC.

Podemos contratar a mesma potencia en todos os períodos, pero non é un requisito indispensable. Pódense contratar diferentes potencias, aínda que sempre deberán seguir unha orde igual ou ascendente de xeito que, se non contratamos a mesma potencia en todos os períodos, P6 sempre será a máis alta:

P1 ≤ P2 ≤ P3 ≤ P4 ≤ P5 ≤ P6

Nas tarifas 6.xTD, se superamos a potencia contratada, poden darse dúas circunstancias:

– En subministracións con potencias ata 15 kW e que non estean catalogadas coma “Non interrompibles”, o ICP do contador realizará corte da subministración e será necesario rearmalo.

– En subministracións con potencia superior a 15 kW facturaranse excesos de potencia, do seguinte xeito.

Para subministracións con potencia contratada ata 50 kW (incluídos), facturaranse excesos por maxímetro. É dicir, calcularanse en función da potencia máxima consumida no período facturado.

· Para subministracións con potencia superior a 50 kW, facturaranse excesos cuarto horarios. É dicir, contabilizaranse cada cuarto de hora que se exceda a potencia contratada para o cálculo.

Se se exceden as potencias contratadas en moitos cuartos de hora ao mes, os excesos de potencia serán máis económicos co primeiro método de cálculo e viceversa.

Solicita tu oferta y te contactaremos

Rellena el formulario

Tarifas

Tarifas eléctricas

Tarifas para fogares
Tarifas para negocios

Para fogares e pequenos negocios con pouco consumo.

Para fogares e pequenos negocios con pouco consumo.

Para fogares que combinan subministración e autoconsumo.

Deseñamos as nosas tarifas para que no teu fogar ou negocio teñas o mellor servizo ao mellor prezo. Descubre a túa.

Despreocúpate dos horarios.

Deseñada para grandes consumos.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.