Preguntas
Tes algunha dúbida pendente? Podes revisar as nosas preguntas máis frecuentes.
Do mesmo modo, CYE é unha empresa que fai familia cos seus clientes, os seus traballadores e os seus axentes. Unha familia que se fortalece na unión e que sempre estará disposta a axudar cando a necesiten.
Que é o CUPS?
O CUPS é o Código Universal do Punto de Subministración e identifica cada punto de subministración eléctrica. EN España comeza por ES e consta de 20 ou 22 díxitos.
Como contratar online
Se está interesado en contratar con CYE ENERGÍA pode facelo vostede mesmo desde o apartado “CONTRATACIÓN” da nosa web. Tan só ten que ir enchendo os datos solicitados (pódeos atopar todos na factura da súa comercializadora actual) e achegar ao final a documentación requirida (principalmente a copia do seu DNI.) Os datos chegarán directamente ao noso sistema e, agás erro ou falla de documentos, tramitarase inmediatamente. O seguinte que recibirá será o correo de benvida a CYE.
Prazos de contratación establecidos
A contratación con CYE Energía realizarase en dúas fases. Primeiro enviarémoslle o contrato que ten que asinar (cos datos que previamente nos facilitou) e despois procederemos a tramitalo coa Distribuidora. Unha vez solicitado pola nosa parte, a aceptación e activación queda en mans da Distribuidora, que segundo o tipo de trámite establece os seguintes prazos de activación: 7 - 10 días para cambios de tarifa e potencia 10 - 15 días para novas altas (Desde o momento da aceptación) Os cambios de titularidade adoitan facerse inmediatamente ou no momento da tramitación, ou como moito tardan 24/48 h.
O cambio de comercializadora custa diñeiro ou implica que poidas quedar sen electricidade?
O cambio de comercializadora en si mesmo non implica ningún custo e en ningún momento deixa a subministración sen electricidade. Se ao mesmo tempo que fai o cambio de comercializadora sube a potencia, cambia a tensión, instala autoconsumo, etc., é moi probable que si teña que aboar algún(s) dos custos regulamentados.
Por que non recibo facturas ou as recibo estimadas
En CYE ENERGÍA emitimos as facturas cando a distribuidora nos envía as lecturas do contador. Por esta razón é posible que acontezan unha ou varias das seguintes circunstancias: 1. “Non recibo a miña factura”. Se a súa factura non chega cando vostede a agardaba, non se preocupe. A distribuidora non sempre envía as lecturas o mesmo día de cada mes, senón que pode adiantarse ou atrasarse uns días respecto do mes anterior. Isto é totalmente normal e non debe preocuparlle agás que pasen máis de 30 días desde que recibiu a súa última factura. Se isto ocorre, póñase en contacto connosco e abriremos unha reclamación. 2. “A factura que recibín ten lecturas estimadas” ou “a factura que recibín ten consumo 0”. Hai veces en que a distribuidora non pode acceder ás lecturas dos contadores e para non deixar ao cliente sen factura emite unha con lecturas estimadas ou con lectura de enerxía = 0. Se lle ocorre isto non debe preocuparse, xa que nós reclamaremos de xeito automático todas as facturas que se emitiron con lecturas non reais ou con consumo de enerxía = 0. En canto a distribuidora nos envíe a resolución coas lecturas reais emitiremos unha factura de aboamento (se pagou máis do que debía) ou facturarémoslle a diferenza (se pagou menos do que debía).
Como pagar unha factura devolta
Se por calquera razón unha ou varias das súas facturas foron devoltas polo seu banco dispoñemos de 3 métodos de pagamento: 1. Recobro: póñase en contacto connosco e indíquenos que volvamos pasar o cobro polo banco. 2. Pagamento por transferencia: realice unha transferencia bancaria do importe axeitado e indique no concepto o seu DNI para que saibamos que o pagamento vén da súa parte. Lembre enviarnos o xustificante da transferencia. Solicítenos a conta de ingreso. 3. Pagamento por tarxeta: chámenos por teléfono, indíquenos que desexa pagar por tarxeta e enviarémoslle un enlace para que poida facelo.

Somos a túa compañía eléctrica de confianza
Porque para nós es moito máis ca un código de contrato ou un consumo. Necesítasnos? Respondemos.
Se ten algún tipo de incidencia técnica na súa subministración (por exemplo, fóiselle a luz ou houbo unha subida de tensión que provocou danos no seu fogar ou negocio) pode poñerse en contacto connosco sen ningún problema, pero o máis recomendable é chamar directamente á distribuidora, xa que ese tipo de incidencias da rede eléctrica son da súa competencia e desde alí poderanlle dar todos os detalles do ocorrido e o tempo previsto para que se solucione a incidencia.
Se posteriormente á incidencia desexa reclamar os danos ocasionados escríbanos a atr@cye-energia.com detallando o mellor posible o ocorrido, así como indicando os danos para que poidamos reclamar a correspondente compensación á distribuidora.
O factor que determina se a nosa subministración se atopa en BT ou AT é o nivel de tensión ou voltaxe (V) da rede á que está conectada a subministración. Se o transformador é propiedade do cliente entón a subministración estará conectada en AT.
Se a tensión é inferior ou igual a 1 kV atoparíase en BT.
Por enriba dun kV considérase AT.
Pero podemos precisar que entre 1 e 36 kV catalogouse durante moito tempo como Media Tensión (MT) e cando a tensión sexa maior ou igual a 36 kV, como AT.
A través da tarifa de ATR ou tarifa de acceso podemos saber se a nosa subministración se atopa conectada a BT ou AT:
· As tarifas en BT son 2.0TD e 3.0TD (ambas as dúas con V≤ 1 kV).
· As tarifas en AT diferéncianse por niveis de tensión e agrúpanse do seguinte xeito:
▪ 6.1TD (1 kV < V < 30 kV)
▪ 6.2TD (30 kV ≤ V < 72,5 kV)
▪ 6.3TD (72,5 kV ≤ V < 145 kV)
▪ 6.4TD (V ≥ 145 kV)
Dáse unha circunstancia especial nalgunhas subministracións que se atopan conectadas a AT pero dispoñen dun transformador propio con saída en BT e contan cun equipo de medida en BT, e é que como esta situación supón unha perda de enerxía na transformación, tal e como regula o Real Decreto 1164/2001, de 26 de outubro, na factura da subministración sumaranse as perdas calculadas pola distribuidora á enerxía medida polo contador.
Cando falamos de modalidade fixa e modalidade indexada referímonos ao tipo de prezo que se aplica á enerxía no teu contrato de subministración.
O prezo fixo é unha modalidade de prezo que, de non se produciren cambios no marco regulador durante o período de vixencia do contrato, mantense estable e será o mesmo en cada factura. Esta modalidade de prezo implica permanencia desde a sinatura do contrato, durante o período estipulado neste.
O prezo indexado trátase dunha modalidade variable na que o prezo ao que pagaremos a enerxía está vinculado ao prezo da enerxía no mercado eléctrico, que varía hora a hora. Por isto, en cada factura obteremos un prezo que se axusta ás oscilacións do mercado. A modalidade de prezo indexado non ten permanencia.
Tanto as peaxes de transporte e distribución coma os cargos son custos regulamentados polo Goberno que se aplican tanto ao termo de potencia coma ao de enerxía. Polo que sempre estarán incluídos no prezo ao que se paga o kWh (enerxía) e o kW (potencia). Normalmente, nos prezos indexados, verémolos detallados na factura.
Por unha banda, as peaxes recollen o custo que supón facer chegar e ter dispoñible a enerxía na nosa subministración.
Pola outra, os cargos son o custe que estimou a Goberno para poder manter en funcionamento o sistema eléctrico e manter o sistema de primas das renovables.
Coa aplicación da nova modalidade de tarifas de acceso do 1 de xuño de 2021, proposta pola CNMC na Circular 3/2020, establécense períodos horarios para todas as tarifas de subministración eléctrica (2.0TD, 3.0TD, 6.1TD, etc…).
Cada período ten definidas unhas horas ao día. Polo tanto, dependendo da hora na que consuma a enerxía, aplicarase o prezo que corresponda a ese período horario.
O porqué dos diferentes prezos segundo o período horario vén determinado, en maior medida, polos custos das peaxes e os cargos. No P1 aplícanse custos superiores aos do P2, que á súa vez terá aplicados cargos e peaxes superiores aos do P3 e así sucesivamente. A razón é moi sinxela, P1 abrangue as horas nas que maior consumo realizamos e nesta tesitura xustifícase dicindo que é un xeito de tentar que o sistema eléctrico sexa máis eficiente porque o usuario intentará trasladar consumos a horas máis económicas (con menor conxestión enerxética) quedando así máis equilibrado.
En ocasións podemos atopar un prezo fixo cun único período, é dicir, o mesmo prezo as 24 horas do día. Aínda que esta fórmula só se dá cos prezos fixos.
Polo xeral si que o é, xa que as peaxes e cargos teñen un custo máis reducido neste períodos, pero en escenarios nos que se apliquen medidas excepcionais do Goberno como a redución dos cargos (que produce un equilibrio maior do seu custo entre períodos horarios) ou no caso da modalidade indexada e o mecanismo de axuste polo tope de gas, poderían darse situacións nas que estes períodos teñan un prezo máis elevado que outros, a priori, máis caros.
Ambos os termos fan referencia ao Certificado de Instalación Eléctrica. Este certificado é imprescindible para poder contratar a luz ou realizar modificacións técnicas e confirma que a instalación reúne as condicións e requisitos técnicos necesarios para o seu correcto funcionamento. Nel indícase tamén a potencia máxima contratable e a tensión da subministración.
Débeo emitir un instalador autorizado e presentalo ante o organismo competente da súa comunidade.
A acometida eléctrica é a conexión que une a subministración á rede de distribución.
O contador polo xeral é propiedade da empresa distribuidora correspondente, polo tanto, abóaselle unha taxa de alugueiro de contador que se factura a través da factura da subministración eléctrica e é necesario para contabilizar o consumo da nosa subministración.
Tamén existe a opción de mercar un contador ou alugalo a outra empresa, aínda que esta opción está máis recomendada para subministracións de empresas ou industrias. Deste xeito obteñen toda información posible para adecuar e optimizar os seus consumos, obtendo grandes vantaxes.
Son os denominados dereitos de acometida e refírense ao conxunto de custos que o cliente debe aboar cando a distribuidora realiza a alta da instalación dunha nova subministración ou ampliación dunha xa existente.
– Dereitos de acceso. Como o seu nome indica son os derivados de dar acceso á rede de transporte eléctrica e o se custo é de 19,7 €/kW (que se desexa contratar ou ampliar) + IVE.
– Dereitos de extensión. Refírese ao mantemento da infraestrutura que proporciona electricidade á subministración. O seu custo é de 17,37 €/kW (que se desexa contratar ou ampliar) + IVE.
– Dereitos de enganche. Son os considerados por actuación da distribuidora. O seu custo é de 9,04 €/actuación + IVE.
Estes custos establéceos e cóbraos a distribuidora a través dunha factura que emite CYE chamada “factura de acceso”.
Os trámites máis comúns que implican estes custos son: alta nova, aumento de potencia e activación de autoconsumo.
*Nota: é posible que debido ás circunstancias da subministración na actualidade non teña que pagar todos estes custos se non soamente algún(s) deles. Para saber canto terá que pagar no seu caso concreto póñase en contacto connosco.
Costes para suministros en Alta Tensión (hasta 36 kV):
– Derechos de enganche: 79,49€ + IVA.
– Derechos de acceso: 15,72€ + IVA por cada kW que se aumente la potencia
contratada.
– Derechos de extensión: 16,99€ + IVA por cada kW que se aumente la potencia
contratada.
En CYE ENERGÍA dispoñemos dunha área de clientes onde pode consultar as súas facturas e o seu contrato sempre que o desexe.
Cando reciba o correo electrónico de benvida prema no enlace que contén este e poderá elixir un contrasinal e acceder. O nome de usuario é o correo electrónico asociado ao seu contrato.
Tamén pode acceder á súa área de clientes a través do menú “ÁREA CLIENTES” da nosa web ou desde o seguinte enlace:
https://intranet.cye-energia.com/intranet/app/index.php
Se non lembra o seu contrasinal, prema en “esqueciches o teu contrasinal?” e enviaráselle un correo para restablecelo.
Se non pode acceder á súa área de clientes póñase en contacto connosco e axudarémoslle.
O prezo indexado varía mes a mes en función do comportamento do Mercado Eléctrico (web omie, mapa calor). A gran vantaxe que ten esta modalidade é que pode beneficiarse dos meses nos que o prezo no mercado é estable e económico. Ademais, a indexación non supón ningún tipo de permanencia. É a opción máis barata a medio-longo prazo.
En contraposición está o prezo fixo. A vantaxe desta modalidade é a comodidade de pagar sempre o mesmo por KWh durante a vixencia do contrato. A desvantaxe é que ten unha permanencia de 12 meses e adoita ser máis caro a medio-longo prazo.
Mediante unha instalación de autoconsumo vostede pode conseguir un grande aforro na súa factura consumindo directamente do que produce a súa instalación. Ademais a parte producida que non consumise pode verterse á rede e beneficiarse así da compensación simplificada de excedentes.
A compensación de excedente realízase en base ao prezo de Mercado OMIE, o cal é un prezo variable que se calcula hora a hora. Para a compensación teremos en conta as horas de xeración segundo a curva de excedentes de produción fotovoltaica ou, no caso de non dispoñer da devandita curva, teranse en conta as horas de maior xeración de excedentes que estean definidas de 13:00 a 16:00 h (ambas incluídas), multiplicado por 0,98.
Por exemplo, se o prezo resultante é 150 €/MWh (0,150 €/kWh) compensaríase a:
Non dubide en preguntarnos se cre que é viable a posibilidade de realizar no seu fogar unha instalación de autoconsumo, xa que se trata da solución máis rendible a curto e longo prazo para aforrar na súa factura da luz.
Para beneficiarse do bono social debe cambiarse á comercializadora de referencia da súa zona, xa que CYE ENERGÍA non pode ofrecer esta opción por pertencer ao mercado libre e non ter autorización do Goberno e da CNMC para isto.
En CYE ENERGÍA representámolo se ten instalacións fotovoltaicas de conexión á rede e autoconsumo, instalacións de coxeración de calquera tecnoloxía, combustible e grupo, instalacións hidráulicas e mini-hidráulicas e instalacións de biomasa.
Como Axente Representante no Mercado Eléctrico levamos a cabo toda a tramitación técnica e administrativa dos nosos clientes ante o operador do sistema, Rede Eléctrica de España (REE), o operador do mercado (OMIE), a empresa distribuidora e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).
Somos propietarios de diversas plantas fotovoltaicas, polo que coñecemos perfectamente as súas necesidades e esixencias como produtor. Estamos en condicións de ofrecerlle un servizo de representación económico que lle axudará a maximizar a rendibilidade das súas instalacións; un servizo personalizado, próximo e de confianza, de ti a ti, con total transparencia.
Pola súa seguridade xurídica e protección de datos, en CYE ENERGÍA realizamos todas as xestións de cambios na subministración mediante correo electrónico.
Se desexa facer algún cambio na súa subministración póñase en contacto connosco a través do correo electrónico: contratos@cye-energía.com indicando que desexa facer e identificando o seu punto de subministración mediante o DNI do titular ou CUPS para que poidamos indicarlle cal é a información ou documentación que ten que achegar e cales son os pasos a seguir segundo o trámite que necesite.
A continuación, indícase a documentación necesaria para cada tipo de cambio.
DATOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIOS PARA O CAMBIO DE TITULAR.
∙ Identificación do punto de subministración mediante o CUPS (pódeo ver na súa factura) ou DNI do titular actual.
∙ CIF do novo titular no caso de que sexa unha empresa.
∙ DNI do novo titular ou DNI do representante no caso de que sexa unha empresa.
∙ Teléfono e enderezo de contacto.
∙ Número de conta.
∙ Xustificante do cambio, é dicir, un documento onde apareza o novo titular relacionado co enderezo do punto de subministración (contrato de arrendamento, IBI, escritura…).
DATOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIOS PARA UN CAMBIO DE CONTA.
∙ Identificación do punto de subministración mediante o CUPS (pódeo ver na súa factura) ou DNI do titular.
∙ Novo número de conta.
∙ Nome completo e copia do DNI do titular da conta bancaria, en caso de que fora diferente ao titular da subministración.
DATOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIOS PARA UN CAMBIO DE POTENCIA.
∙ Identificación do punto de subministración mediante o CUPS (pódeo ver na súa factura) ou DNI do titular.
Potencias desexadas en cada un dos períodos.
A baixa dunha subministración implica a desconexión da rede de distribución polo que a subministración quedaría sen luz de xeito definitivo. Isto implica que se alguén quixera posteriormente dar de alta de novo a luz tería que afrontar uns custos que poderían ser elevados.
A alternativa á baixa definitiva sería facer un cambio de titular, un trámite que se xestiona connosco sen ningún custo e que implica que a titularidade da subministración se traslada á persoa que se atopa ocupando o domicilio/local actualmente, polo que esta persoa empeza a facerse cargo das facturas e vostede deixa de estar relacionado co punto de subministración.
En CYE ENERGÍA propuxémonos ser a comercializadora máis transparente do mercado. E por iso nas nosas facturas da luz detallamos todos os custos do mercado que forman o prezo das nosas facturas.
Se queres entender todas as partes da nosa factura eléctrica convidámoste a ler este artigo do noso blog.