Maximiza o rendemento das túas placas solares
Quero máis información Contáctanos

Xestión de autoconsumo
Se xa tes a túa instalación de autoconsumo e che xorden dúbidas sobre como xestionala, estás no lugar axeitado. Comecemos explicando algúns conceptos:
Antes de nada, que modalidade de autoconsumo escolliches?
Autoconsumo sen excedentes
Se escolliches esta opción porque consomes moito máis do que produces, o único que deberás ter en conta á hora de elixir a túa comercializadora serán os prezos de consumo, xa que o teu autoconsumo non se verá afectado en ningún momento.
Autoconsumo con compensación simplificada
Este é o escenario máis común en instalacións cunha capacidade instalada inferior a 100 kWp e no que máis importancia ten a elección da túa comercializadora, xa que negociarás directamente con ela o modo e o prezo a que se compensarán os teus excedentes de produción. Un pouco máis abaixo explicamos como o facemos en CYE.
Autoconsumo con venda de excedentes
Se a potencia da túa instalación é superior a 100 kWp ou produce cada ano moito máis do que consomes, deberás rendibilizar os teus excedentes vendéndoos no mercado e, para iso, necesitarás un representante. En CYE somos representantes e ofrecémosche un servizo profesional, personalizado e de confianza para que poidas maximizar a rendibilidade das túas instalacións.
Autoconsumo compartido
Neste caso, o máis importante é que te asegures de que a túa comercializadora teña experiencia na xestión de tarifas de autoconsumo. Polo demais, é igual ca o resto segundo a modalidade escollida (sen excedentes, compensación simplificada e con venda de excedentes).
Nós témola. Pregúntanos!
Xestiona o teu autoconsumo con cye
A nosa tarifa 2.0TD Solar está especialmente deseñada para fogares que combinan subministración e autoconsumo. Con ela, aproveitarás os tramos horarios máis económicos e tamén compensarás os teus excedentes a prezo de mercado.
Aquí che explicamos todo o que precisas saber:
Tarifa 2.0TD solar
Unha tarifa solar autoconsumo que che devolve cartos.
- Sen permanencia
- Sen letra pequena
- Sen ofertas confusas
Sen límites
En CYE bonificamos os teus excedentes contra os termos de enerxía e potencia, incluído o tope ao gas, de habelo. Sen límites, para que compenses todo o posible.
Total transparencia
Compensarémosche o prezo que ten a enerxía no mercado grosista no momento en que se produce, cunha redución do 2 % para cubrir custos de desvíos. Con total transparencia. Os teus kWh valen o mesmo ca os de calquera compañía eléctrica.
Garda o que non compenses co noso Moedeiro Solar
O Moedeiro Solar de CYE permíteche gardar os euros que non poidas compensar nunha factura para que chos bonifiquemos en próximas facturas desa subministración ou de calquera outra que teñas connosco ao teu nome.
Como funciona?
En cada factura informarémoste de canto achegas ou gastas do teu moedeiro e de canto che queda acumulado para a seguinte.
É para ti?
O custo deste servizo é de 4,99 euros/mes, polo que, se cres que ningún mes terás máis de tres veces máis de excedentes ca de consumo, non che interesará contratalo.

Queres xestionar o teu autoconsumo con CYE?
Se tes claro que queres que o teu autoconsumo o xestione CYE…O demais é fácil:
Chámasnos.
Asesorámoste e explicámosche en que consiste a tarifa, negro sobre branco. Se vemos que a tarifa que tes está ben, non che imos pedir que a cambies.
Contratas.
Axudámosche con todos os trámites, encargámonos de todo. E ti empezas a aforrar desde o minuto cero.
E xa está.
Fácil, rápido, sen burocracias, nin letra pequena, nin medias verdades.
Xestiona o teu autoconsumo con cye
A nosa tarifa 2.0TD Solar está especialmente deseñada para fogares que combinan subministración e autoconsumo. Con ela, aproveitarás os tramos horarios máis económicos e tamén compensarás os teus excedentes a prezo de mercado.
Aquí che explicamos todo o que precisas saber:
Tarifa 2.0TD
Para pequenas empresas (modalidade indexada con autoconsumo).
- Protéxete das oscilacións do mercado
- Asesorámoste sobre a potencia óptima que deberías contratar
Tarifa 3.0TD
Para pemes e pequenas industrias (modalidade indexada con autoconsumo).
- Protéxete das oscilacións do mercado
- Asesorámoste sobre a potencia óptima que deberías contratar
Tarifa 6.1TD
Empresas ou instalacións conectadas en alta tensión (modo indexado con autoconsumo).

Es profesional do autoconsumo?
En CYE Enerxía temos a tarifa solar máis eficiente do mercado e xestionámola coma ninguén.
Se queres saber máis…