Asesores enerxéticos
Somos máis ca unha compañía eléctrica. Somos expertos en proxectos enerxéticos
E temos máis de 15 anos de experiencia ao servizo dunha enerxía máis transparente e máis xusta. Achegamos solucións á medida, sempre co mesmo obxectivo: un mellor servizo, a un mellor prezo.
Non pagues de máis
Se non entendes a túa factura, non sabes realmente que estás a pagar. En CYE estudamos a túa factura e as túas necesidades de enerxía para que pagues exactamente polo que consomes.


Melloramos a túa eficiencia enerxética
Por que consumir máis do que necesitas? Somos expertos na realización de auditorías enerxéticas para mellorar e optimizar a eficiencia enerxética do teu fogar ou negocio.
Coidamos do teu consumo
O teu contador ditamina o teu consumo, pero, que pasa se falla? Sen custo adicional e sen aumento de cota, substituímos o contador que tes alugado por un contador de CYE que nos permite monitorizar o comportamento do teu consumo. Así, poderás planificar e programar o teu aforro.


A iluminación do futuro
Unha nova xeración de lámpadas chegou para quedar: o LED. Cun 80 % de aforro con respecto ás lámpadas incandescentes e un 70 % con respecto ás de baixo consumo, o LED é o sistema de iluminación máis económico do mercado. En CYE realizamos un estudo para cambiar a LED a iluminación do teu fogar ou negocio.