Axentes
Únete ao equipo de axentes e distribuidores de CYE.
CYE é unha compañía eléctrica diferente, todos os clientes nolo din.
Que é o que nos fai diferentes? A atención e o detalle cos que resolvemos calquera dúbida ou problema Os nosos axentes fan posible que sexamos diferentes. E estamos orgullosos diso.
Formación
En CYE cremos na mellora constante, por iso nos preocupamos por formar os nosos axentes e provelos de información e recursos que fan o seu traballo máis doado.
Apoio
Somos un equipo. Os nosos axentes poden contar con nós para todo e sempre que nos necesites, aí estaremos.
Transparencia
Somos coherentes e sen letra pequena. O que acordamos, cumprímolo. E ao igual que cos clientes, cos nosos axentes mantemos sempre as nosas promesas.
Crecemento
Unha carreira profesional ten que ter expectativas, ilusión e motivación. En CYE estamos ao carón dos nosos axentes e miramos xuntos cara a un futuro sen límites.
Autonomía
Ti es o responsable do teu traballo. Con nós tes total autonomía para xestionar á túa maneira o teu tempo e os teus clientes.
Plataforma de xestión
Pomos á túa disposición unha plataforma propia desde a que poderás xestionar de forma rápida e sinxela o teu traballo.
Que significa ser un axente de CYE?
Gústache formar parte dun equipo.
Tes experiencia no sector enerxético ou gustaríache dedicarte a el.
Sénteste xenial no trato cos clientes.
Identifícaste coa sostibilidade e as enerxías renovables.
Se é así, encantaríanos coñecerte!


Contamos contigo
En CYE Energía propuxémonos ofrecer unha solución de enerxía sostible, xusta e transparente a cada cliente que no la solicite.
Comeza a túa carreira connosco e axúdanos a conseguilo.
A luz, canto máis clara, mellor
Cremos nunha enerxía limpa e ao mellor prezo, nunha factura clara e transparente e nun servizo honesto e profesional que resolve problemas e ofrece solucións. Ti tamén?

